Datos personales

Mi foto
O Hío, Cangas, Spain

O que eu penso

Nacín no mes de setembro de 1972 no Hío (Cangas do Morrazo) e comecei a pintar a finais de 1997. Non foi por casualidade, senón porque me apetecía. Dende entón sigo facéndoo. Son autodidacta e descoñezo se a miña pintura pentence a algún estilo definido. Tampouco me preocupa.
Non pretendo dar ningunha mensaxe. O obxectivo é que cadaquén interprete a miña obra segundo a súa visión, de aí que non titule ningún cadro. Coa música como principal fonte de inspiración frato de transmitir emocións a través da combinación de cores e formas. Por iso, a meirande parte da obra é abstracta.
Para rematar, so podo dicir que para min pintar é liberar os meus demos, medos, inquedanzas e algunhas alegrías para compartilas con vos.