Datos personales

Mi foto
O Hío, Cangas, Spain

viernes, 21 de enero de 2011

Aardvarks: Bargain.

1. Compoñentes do grupo:
Vocalista: Gary Pietrovane
Guitarra, voz e piano: Mark Pietrovane
Baixista, voz e piano: Jason Hobart
Bateria, voz: Ian O´sullivan
2. Músicos adicionais:
Paul Newman, órgano hammond
Ted Hobart, trompeta
3. Productor:
Aardvarks, Alan Heaton, Graham Tollit
4 Portada:
James More, ano do LP 1995
Estudos de grabación: Glass Trap Studios London

Fantástico e único disco (que eu coñeza) deste grupo inglés dos noventa, de imaxe e son claramente sixtie.
"Bargain" é un disco cen por cen desfrutable, cheo de excelentes temas, unhas veces saltarins e de aires pop como no caso de "Bargain day", "Mister inertia" ou "Arthur C. Clarke" que me recordan aos Beatles, aos Kinks ou Open Mind, neste último caso no seu lado máis pop. Por outra banda ten outras de claro son máis duro como "Cheyenne woman", "Office nº1" "You are my loving way" moi na onda dos Who, Les Fleur de Lys ou Creation. Hai tamén pequenos guiños a Pink Floyd como "Girl on a Bike" ou certo aire folk como a preciosa "Time to fly".

En resume, un excelente disco, psicodélia, freakbeat, na mellor tradición sesentera inglesa, e que para min segue sonando igual de fresco que no seu momento.

Tema: 50 Hertz man
Tema: Girl on a bike
http://www.youtube.com/watch?v=ZKUqTsumlec&feature=related


No hay comentarios:

Publicar un comentario