Datos personales

Mi foto
O Hío, Cangas, Spain

viernes, 28 de enero de 2011

Aaron Lightman: Aaron Lightman.


1.Músicos:
Aaron Lightman: Compositor e vocalista?

Instrumentos de ventos:
Romeo Penque.
Irving Horowitz
Phil Bodner.
Joe Grimm.
Leon Cohen.
George Berg.
Don Currado.
Joe De Anglish.

Sección rítmica:
Al Rogers: Batería.
Joe Mack: Baixo.
Ronald Frangipane: Clavicordio.
Hugh Mac Cracken: Guitarra eléctrica e armónica.
Sol Di Troia: Guitarra clásica.

Violins:
Max Ceppas.
Irving Spice.
David Rothschild.
Joe Mallen.
Gene Orloff.
Lou Stone.
Arrianna Brun.

Violas:
David Saxon.
Seymore Burman.
Harry Lefkowki.

Chelos:
Seymore Babarb.
George Ricci.
Charles Mac Cracken.

Arpa:
Gene Bianco.

2.Productor:
Ronald Fangipane.
Dean Christopher.
Neal Ceppos.

3.Portada:
Milton Glaser.

4.Estudios de grabación:
Bell Sound Studios(Nova York).

5.Ano e Discográfica:
1969 en Poppy Records.
Reedición de Wah Wah Records
2009, Barcelona(España).



Aaron Lightman descoñecido compositor e cantautor gravou o seu único é homónimo album, en 1969, no pequeno selo discográfico Poppy Records. Este precioso álbum é unha excelente mestura de psicodelia-pop, con claros aires folk.                                                    
                                            
Os temas tenden a ser longos, entrelazados por pequenas suites instrumentais, o que lle dá un aparente, carácter de álbum conceptual que recorda os Moody Blues. Non obstante, nada máis lonxe da realidade, pois o disco nada ten que ver coa música dos Moody Blues. Este é un elepé de psicodelia-pop, algo que queda claro en temas como a saltarina "I have a little friend", a delicada "Little girl", a xoguetona "Now is the time" ou a barroca "Out in the morning". Estes temas ben poderían estar firmados, polos Bee Gees, Harry Nilsson ou Harpers Bizarre, mentres que o lado mais folk déixase notar en cancións como "They call the traveller", "On monday me" ou "The morning after" que me recordan a Tim Buckley e o seu álbum "Goodbye and Hello". Non quero esquecer "Down to the sea" máis "Something simple", cancións na onda de Donovan, ou, por que non, Gordon Lightfoot.            

En xeral paréceme un brillante álbum, inxustamente esquecido. Merece a pena rescatalo e escoitar un elepé con magníficos e orixinais arranxos orquestrais e a delicada e bonita voz de Aaron (non teño claro se el é o vocalista). Para rematar, dicir que este disco me transmite unha sensación ás veces de ledicia e outras de morriña, máis que tristura. O ambiente no estudo debeu ser relaxado e distendido, senón non se explica todo o dito ata agora. Esa é a miña impresión desta perla que todo afeccionado do pop dos sesenta debería ter na súa colección de discos.                                 
                                                                                                                          Suso

Enlace:
            http://www.youtube.com/watch?v=1JdZTyM6UjM

No hay comentarios:

Publicar un comentario